Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A Escola prepara o próximo número da Regap

    Publicacións / Mércores, 29 de Xuño de 2016.

    Esta tarde reuníronse na Escola os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do número 52 (xullo-decembro 2016).


    Esta nova publicación incluirá entre as súas páxinas varios estudos sobre temas tan actuais en torno ao sector público coma as consecuencias prácticas da transposición das directivas de contratación pública en España, a invalidez das licenzas urbanísticas ou os fundamentos xurídicos da actividade das comunidades autónomas no exterior, entre outros.

    Ademais, o número 52 da Regap conterá catro notas de investigación que abordarán a organización administrativa e o principio de igualdade retributiva, as principais novidades na regulación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados en Galicia ou a xurisprudencia contencioso-administrativa. Esta publicación complétase con dúas recensións das obras Los retos del gobierno local tras la reforma de 2013, escrito por Andrés Boix Palop e Ana María de la Encarnación, e El derecho de acceso a la información pública de Martín María Razquin Lizarraga.

    Revista Galega de Administración Pública
    A REGAP, que iniciou a súa andaina en 1992, estrutúrase ao xeito clásico das publicacións deste tipo con estudos doutrinais, xurisprudenciais e normativos. Na actualidade, dedícase a temas de actualidade co fin de analizar e achegar a contribución dos máximos e máis destacados especialistas en temas como o dereito autonómico, as novas tecnoloxías, os retos da Administración no século XXI, o estatuto dos empregados públicos ou a ordenación do territorio e o medio.

    Esta revista pretende converterse na publicación de dereito público de referencia da Comunidade Autónoma de Galicia e ao tempo alcanzar as máis altas cotas de calidade científica. Actualmente atópase catalogada no Directorio Latindex e está incluída na base de datos DICE (Difusión e Calidade Editorial das Revistas Españolas de Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas - CSIC), REBUIN (Rede de Bibliotecas Universitarias) e DIALNET.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 499 de 1211
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212