Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Segunda convocatoria de actividades para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Venres, 8 de Xullo de 2016.

    A EGAP convoca no DOG núm. 129 , do 8 de xullo, un total 74 edicións e 2.250 prazas destinadas aos empregados públicos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os empregados públicos da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza no epígrafe “destinatario” da actividade formativa.

    Así mesmo, os empregados públicos sinalados no parágrafo anterior poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria na que queden prazas vacantes.

    Prazo de presentación de solicitudes: desde as 8 horas do 9 de xullo de ata as 14 horas do 18 de xullo de en http://egap.xunta.gal/matricula

    O número máximo de solicitudes limítase a cinco en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.

    Máis información no DOG do 8 de xullo ou nos números de teléfono 981 546 257 e 981 546 335
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 501 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212