Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca tres actividades formativas en materia de atención temperá

    Cursos / Luns, 11 de Xullo de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e as Consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convócanse tres cursos sobre atención temperá.


    Destinatarios:
    O persoal empregado público, dependente das Consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e ao persoal empregado nos Servizos Sociais Comunitarios, vinculado á atención temperá. De quedar prazas vacantes, poderán participar outros profesionais dependentes das administracións mencionadas que interveñan profesionalmente con menores de 0 a 6 anos de idade.
    • Profesionais dos equipos de atención temperá dependentes de servizos sociais municipais, da Consellería de Política Social e/ou do SERGAS.
    • Profesionais do sistema educativo, empregados da Consellería de educación, que interveñan directamente con menos de 0 a 6 anos, en materia de desenvolvemento persoal.
    • Profesionais da rede de escolas infantís públicas de Galicia dependentes das distintas administracións públicas.
    • Profesionais técnicos/as dos servizos sociais comunitarios municipais, preferentemente, profesionais con responsabilidades no programa de intervención familiar municipal.
    Matrícula: as solicitudes de inscrición nos cursos deberán facerse a través da zona de matrícula da EGAP desde as 8 horas do 12 de xullo ata as 14.00 horas do 26 de xullo. Terán prioridade os profesionais que traballen nos equipos de atención temperá e, en segundo lugar, o persoal que traballe directamente con menores de 0 a 6 anos.

    Detalle das actividades formativas:

    CV16022: A intervención profesional dos equipos de atención temperá nos trastornos da conducta
    Edicións: 1
    Duración: 20 horas
    Prazas: 25 por edición
    Modalidade: presencial
    Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Madrid 2-4
    Datas: 20, 21 e 22 de setembro de 2016
    Horario: os días 20 e 21, de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas; o día 22 de 09:30 a 14:30 horas

    CV16023: A atención temperá durante o embarazo e nos primeiros anos de vida. Factores de risco e protección
    Edicións: 1
    Duración: 20 horas
    Prazas: 25
    Modalidade: presencial
    Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Madrid 2-4
    Datas: 17, 18 e 19 de outubro de 2016
    Horario: os días 17 e 18, de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas; o día 19 de 09:30 a 14:30 horas.

    CV16024: Proceso de detección de trastornos do desenvolvemento
    Edicións: 1
    Duración: 20 horas
    Prazas: 25
    Modalidade: presencial
    Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Madrid 2-4
    Datas: 15, 16 e 17 de novembro de 2016
    Horario: os días 15 e 16, de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas; o día 17 de 09:30 a 14:30 horas.

    Máis información nos teléfonos 981 546 257, 981 546 254 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 502 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212