Curso de Ferramenta unificada LIDER-CALENER (HULC)
Cursos / Xoves, 14 de Xullo de 2016.
Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Vivenda e o Solo (IGVS) convócase un curso sobre a ferramenta unificada LIDER_CALENER (HULC). Esta actividade vai dirixida a arquitectos, técnicos, enxeñeiros e enxeñeiros técnicos da Administración autonómica que realicen funcións no IGVS.
Inscrición: na
zona de matrícula da EGAP desde as 08.00 horas do 15 de xullo ata as 14.00 horas do 26 de xullo de 2016
Código:
CV16025
Modalidade: teleformación
Edicións: 1
Duración: 90 horas
Prazas: 25
Datas: do 5 de setembro ao 5 de decembro de 2016
Proba final presencial: no mes de decembro
Máis información: 981 546 257, 981 546 254 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal