A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca un curso para que o alumnado coñeza e valore que supón a Administración electrónica, tanto desde o punto de vista das implicacións na xestión e dos procedementos e as relacións cos cidadáns como desde a perspectiva tecnolóxica.
Co curso preténdese familiarizar o alumnado coas principais normas relacionadas coa Administración electrónica e expoñer as principais actividades prácticas relacionadas co uso da sinatura electrónica e a prestación de servizos administrativos no contexto da Xunta de Galicia.
CV16026: Implantación da Administración electrónica na Administración local
Destinatarios: persoal informático ao servizo da Administración local. De non cubrir as prazas con este colectivo, poderán optar ao curso o resto de empregados públicos da Administración local que no desenvolvemento das súas funcións teñan responsabilidades de xestión en procedementos administrativos, susceptibles de ser enfocados desde a Administración electrónica.
Modalidade: teleformación
Duración: 30 horas
Prazas: 50
Datas: do 26 de setembro ao 26 de outubro de 2016
Proba final presencial: 28 de outubro en horario de mañá, en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
Inscrición: das 8 horas do 30 de xullo ata as 14 horas do 8 de agosto en
http://egap.xunta.gal/matricula