Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP aposta pola linguaxe de signos na formación do persoal da Admón autonómica

    A Escola / Luns, 22 de agosto de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convocou, no DOG do 8 de xullo, as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2016, o que supuxo un total de 74 cursos e 2.250 prazas destinadas aos empregados públicos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Deste xeito, o citado colectivo pode acceder a un programa específico deseñado para desenvolver a súas habilidades e capacitación coa finalidade última de mellorar o servizo á cidadanía.


    Dentro da convocatoria das actividades de formación continua previstas para este segundo semestre do ano cómpre resaltar a realización, por vez primeira, dun curso de linguaxe de signos. Esta materia de carácter transversal, de 40 horas e 25 prazas, ofértase a todos os empregados públicos da Administración autonómica e será impartido polo persoal da Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia entre os meses de setembro e novembro. Con esta acción formativa preténdese capacitar a todos os alumnos no uso e coñecemento da linguaxe de signos e dos aspectos socioculturais da comunidade xorda.

    Por outra banda, tamén é preciso sinalar que esta última convocatoria de accións formativas para o persoal da Administración autonómica conta con títulos novos relativos á organización e simplificación do traballo, ás destrezas lingüísticas para a redacción de textos na web, ás técnicas  de reunións eficaces ou, canto ao réxime xurídico, aos aspectos destacados das novas leis de procedemento administrativo común e do sector público. Ademais, seguen desenvolvéndose cursos de formación específica en materias como a prevención de riscos laborais, a violencia de xénero, a transparencia e acceso á información pública ou a implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia, entre outros.

    Unha formación adaptada ás necesidades reais

    O plan de formación da EGAP elaborouse tendo en conta as necesidades formativas dos diversos organismos e nel participaron as distintas consellerías da Xunta de Galicia. Igualmente, contouse coa colaboración dos coordinadores da formación de cada centro directivo, de docentes e expertos coñecedores do sector público e dos sindicatos.

    Así mesmo, na súa configuración, tívose en conta tanto a demanda real rexistrada nos cursos en anos anteriores como o tratamento e análise dos resultados das enquisas de satisfacción dos alumnos que participan nas actividades.

    Todas estas ferramentas son a chave para a creación dun programa formativo de calidade e de mellora continua adecuado aos requirimentos dos destinatarios.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 508 de 759
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia