Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre a reforma do procedemento administrativo común e do réxime xurídico para o persoal do Consello de Contas de Galicia

    A Escola / Xoves, 25 de Agosto de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello de Contas de Galicia convócase o curso A reforma do procedemento administrativo común das administracións públicas e do réxime xurídico do sector público e a súa incidencia no funcionamento das institucións de control externo, dirixido ao persoal do Consello de Contas de Galicia.


    O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do 26 de agosto ata las 12.00 horas do 5 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula

    CV16034. A reforma do procedemento administrativo común das administracións públicas e do réxime xurídico do sector público e a súa incidencia no funcionamento das institucións de control externo
    Edicións: 1
    Duración: 20 horas
    Prazas: 50
    Lugar: sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4
    Datas: 15, 16, 22, 23 e 30 de setembro de 2016
    Horario: das 8.30 ás 10.30 e das 11.00 ás 13.00 horas
    Proba final presencial: 30 de setembro
    Para máis información: 981 546 257, 981 546 254 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 509 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212