Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro

    A Escola / Xoves, 25 de Agosto de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública organiza unha xornada titulada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro, que ten como obxectivo abrir unha reflexión sobre a eventualidade de que chegue a producirse en España un proceso de reforma constitucional e sobre a importancia que tal reforma podería ter, se é o caso, para a posta ao día do sistema autonómico.


    Esta actividade vai dirixida ao persoal das administracións públicas, estatal, autonómica ou local, así como dos seus entes instrumentais, persoal ao servizo da Administración de xustiza, xuristas, profesionais, docentes, universitarios e interesados en xeral.
    As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición desde o 26 de agosto ata o 11 de setembro ás 23 horas en https://egap.xunta.gal/matricula

    Data: 12 de setembro
    Horario: de mañá e tarde
    Lugar: salón de actos da EGAP
    Duración: 7 horas lectivas
    Máis información: ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 510 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212