A EGAP convoca o III Foro de emprego público
A Escola / Xoves, 25 de Agosto de 2016.
A Escola Galega de Administración Pública organiza o III Foro de emprego público sobre temas de actualidade: tendencias e perspectivas postcrise, desenvolvemento autonómico, a negociación colectiva, o directivo público profesional e instrumentos de mellora na xestión de e para as persoas, co obxectivo de analizar diversas cuestións de actualidade, facendo fincapé naquelas temáticas que, pola súa complexidade ou ambigüidade na súa interpretación, merecen ser obxecto de debate e reflexión no marco deste foro.
Esta actividade vai dirixida ao persoal das administracións públicas, estatal, autonómica ou local, así como dos seus entes instrumentais, persoal ao servizo da Administración de xustiza, xuristas, profesionais, docentes, universitarios e interesados en xeral.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición desde o 26 de agosto ata o 13 de setembro ás 23 horas en
https://egap.xunta.gal/matricula
Data: 15 de setembro
Horario: de mañá e tarde
Lugar: salón de actos da EGAP
Duración: 8 horas lectivas
Máis información: ficha do foro