Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A directora da EGAP presenta no Consello Reitor as actividades levadas a cabo no que vai de ano

    A Escola / Xoves, 8 de Setembro de 2016.

    Esta tarde reuniuse en Santiago de Compostela o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, onde a directora do centro, Sonia Rodríguez-Campos, presentou un informe sobre as actividades levadas a cabo por este organismo entre os meses de xaneiro e xullo e informou sobre as que se celebrarán ata o final do ano.


    Así, no que vai de 2016, a EGAP convocou un total de 604 actividades que se traduciron en 27.000 prazas destinadas tanto a diferentes colectivos da Administración pública como á sociedade en xeral. No relativo á oferta para o persoal da Administración autonómica, a directora destacou a convocatoria de 356 cursos sobre temáticas tan variadas como o réxime xurídico da Administración pública, a Unión Europea, a organización do traballo, a administración electrónica ou as tecnoloxías da información e da comunicación, entre outras.

    Ademais, fixo referencia aos 38 cursos e 1745 prazas convocadas para o persoal da Administración de xustiza, aos 37 cursos e 2095 prazas destinadas ao persoal de administración e servizos das universidades galegas e aos 37 cursos e 2022 prazas para o persoal da administración institucional e entes instrumentais do sector público de Galicia.

    Sonia Rodríguez-Campos tamén quixo resaltar a formación ofrecida ao persoal da Administración local que se realiza a través de dúas vías: directamente pola Escola ou a través de subvencións. De xeito directo a EGAP convocou no que vai de 2016 un total de 51 cursos e 1709 prazas, facendo fincapé nunha formación básica que permita ofrecer un mellor servizo á cidadanía. No relativo ás subvencións, estas permitiron poñer en marcha un total de 12 plans formativos deseñados especificamente polas entidades locais para o seu persoal.

    As xornadas e os cursos monográficos da EGAP
    Durante o Consello Reitor, a directora deu conta da convocatoria regular de xornadas e cursos monográficos sobre temas de relevancia para a Administración pública e abertos a toda a cidadanía durante o ano 2016. Ademais, fixo fincapé nas próximas actividades que se levarán a cabo dentro desta categoría formativa, destacando a xornada “Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro”, que terá lugar na EGAP o 12 de setembro, e o III Foro de emprego público, o día 15.

    Finalmente, Sonia Rodríguez-Campos presentou aos membros do consello as novidades editoriais da Escola, anunciando a próxima publicación dunha tese sobre a ordenación territorial e urbanística do litoral en Galicia.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 514 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212