Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP debate nunha xornada ao redor dunha posible reforma da Constitución

    A Escola / Luns, 12 de Setembro de 2016.

    Esta mañá tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública a xornada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro. Ao acto inaugural asistiron a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o catedrático de Dereito constitucional da Universidade de Santiago de Compostela e director da xornada, Roberto Blanco Valdés; e o catedrático de Dereito constitucional da Universidade da Coruña, José Portero Molina.


    Esta actividade formativa ten como finalidade abrir una reflexión sobre a eventualidade de que chegue a producirse en España un proceso de reforma constitucional e sobre a importancia que tal reforma podería ter para a posta ao día do sistema autonómico.

    Durante a súa intervención, a directora da EGAP incidiu na importancia da Constitución de 1978, xa que permitiu crear un Estado de Dereito e establecer as bases dunha economía de mercado con seguridade xurídica, unhas infraestruturas sólidas e uns servizos públicos de calidade. Sen embargo, recoñeceu que determinados ámbitos da Constitución quedaron obsoletos a consecuencia das transformacións sufridas na sociedade do noso país. Segundo Rodríguez-Campos, o cambio de cultura política esixe unha maior participación da cidadanía na vida pública.

    Finalmente, a directora da EGAP sinalou que a reforma da Carta Magna é unha posibilidade aberta que non debe esquecer os requisitos de carácter formal e político que rexen a convivencia coa cidadanía, sempre baixo as premisas de responsabilidade e consenso.

    Unha vez rematada a inauguración, José Portero Molina ofreceu un relatorio centrado no que significaría para o noso modelo territorial a reforma da Constitución e Santiago Muñoz Machado, catedrático de Dereito administrativo da Universidade Complutense de Madrid, expuxo os posibles problemas derivados dun cambio constitucional.

    Ao longo da mañá intervirán, Juan José Solozábal Echavarría, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade Autónoma de Madrid, cunha exposición sobre a cuestión catalá e José Tudela Aranda, letrado das Cortes de Aragón, cunha conferencia sobre o fracaso ou o éxito do Estado autonómico no noso país.

    Xa pola tarde, Roberto Blanco Valdés falará sobre os motivos para reformar a actual Constitución e Xosé Luís Barreiro Rivas, profesor titular de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela, intervirá cun relatorio titulado “O problema de España: un conflito entre a negación e a evidencia”. A última das intervencións sobre a reforma constitucional correrá a cargo de Francesc de Carreras Serra, catedrático de Dereito Constitución da Universidade Autónoma de Barcelona. A xornada pecharase cun debate xeral entre o público e os especialistas na materia.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 515 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212