Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada: A Administración pública fronte ao reto do Building Information Modeling

    Xornadas / Luns, 26 de Setembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A, convocan unha xornada para explicar a importancia da metodoloxía BIM nos proxectos de construción, presentar a estratexia nacional BIM do Goberno, dar a coñecer as experiencias BIM na Administración pública e debater sobre estratexias de implantación.


    Esta xornada está dirixida principalmente, e terán preferencia no proceso selectivo, ao persoal de dirección e técnicos funcionarios ou contratados pola Xunta de Galicia co seguinte perfil:
    - Directivos con responsabilidade na xestión de proxectos de construción.
    - Arquitectos e arquitectos técnicos.
    - Enxeñeiros e enxeñeiros técnicos.
    Non obstante, a inscrición estará aberta a técnicos en xeral das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, profesionais e persoas interesadas en xeral.

    Lugar: EGAP, salón de actos. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Data: 6 de outubro de 2016
    Horario: mañá
    Duración: 4 horas lectivas
    Matrícula: ata as 23 horas do 3 de outubro a través da zona de matrícula da EGAP
    Máis información no DOG ou na ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 522 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212