Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de urbanismo para arquitectos e outros técnicos ao servizo da Administración

    Cursos / Mércores, 21 de Setembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, un curso de urbanismo para arquitectos e outros técnicos ao servizo da Administración.


    Destinatarios: esta actividade vai dirixida a aqueles profesionais de perfil xurídico ou técnico que se encadren nalgunha das situacións seguintes:
    - Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario
    - Pertencer aos grupos I e II do persoal laboral
    - Ser arquitecto colexiado no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
    - Poderá acceder ás prazas restantes o persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como os profesionais que se atopen en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.

    Prazas: 50
    Datas: entre o 17 de novembro de 2016 e o 27 de abril de 2017
    Lugar: Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), praza da Quitana, 3, Santiago de Compostela.
    Horas: 152
    Importe da matrícula: 1.500 euros. Para o persoal funcionario de grupo A, o persoal laboral dos grupos I e II e os arquitectos colexiados no COAG e subscritos ao seu servizo de formación no momento da formalización da matrícula o importe será de 1.000 euros. Aos arquitectos colexiados no COAG pero non subscritos ao seu servizo de formación, correspóndelles un importe de matrícula de 1.200 euros.
    Inscrición: desde o 21 de outubro ata o 28 de outubro, este incluído, ou ben ata que se cubran a totalidade das prazas dispoñibles. Para inscribirse, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario que figura na páxina web do COAG.
    Documentación requirida: o persoal funcionario de grupo A e o persoal laboral dos grupos I e II, deberá presentar unha certificación pública descritiva das funcións que desenvolve no posto de traballo, expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración na que presta os seus servizos. Os profesionais en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico deberán presentar orixinal ou copia debidamente cotexada da titulación correspondente.
    Máis información: no DOG núm. 180 e na web do COAG
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 521 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212