Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocada a XIX edición do Premio Manuel Colmeiro

    Investigación / Venres, 16 de Setembro de 2016.

    A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca o Premio Manuel Colmeiro na súa décimo novena edición para traballos de investigación, inéditos e escritos en lingua galega , sobre a organización, estrutura, función e ámbitos competenciais da Administración pública de Galicia desde unha perspectiva xurídica, sociolóxica ou económica.


    Dotación económica: 3.500 euros
    Características dos traballos: deberán ser orixinais, inéditos e non premiados con anterioridade. Presentaranse en formato A4, a dobre espazo e cunha extensión mínima de 100 páxinas.
    Presentación de solicitudes: entre o 1 de outubro e o 30 de novembro de 2016 na sede electrónica da Xunta de Galicia. Deberán ir asinadas electronicamente.
    Máis información no DOG do 16 de setembro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 520 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212