Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de ergonomía, experto/a en metodoloxía Ocra Checklist revisado

    Cursos / Venres, 16 de Setembro de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convócase un curso de ergonomía, experto/a en metodoloxía Ocra Checklist revisado (Norma UNE-EN 1005-5 e ISO TR 12295) destinado ao persoal técnico do Issga e da Inspección de Traballo e Seguridade Social.


    CV16038: Ergonomía, experto/a en metodoloxía Ocra Checklist revisado (Norma UNE-EN 1005-5 e ISO TR 12295)

    Obxectivo: Proporcionar un coñecemento teórico-práctico do método Ocra (ocupational repetitive actions) Checklist (Norma UNE-EN 1005-5 e ISO TR 12295) para a avaliación e xestión do risco por movementos repetitivos nas extremidades superiores. Dar a coñecer as actualizacións técnicas da ISO TR 11995 relacionadas coa Norma ISO 11228-3. Proporcionar as competencias necesarias para a avaliación dun informe que conteña unha avaliación do risco mediante o método Ocra e a Norma técnica UNE 1005-5.
    Modalidade: mixta (teleformación e presencial)
    Duración: 60 horas
    Edicións: 1
    Datas: 10 de outubro ao 10 de novembro de 2016
    14 horas presenciais (10 e 11 de outubro das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 17.30 horas)
    46 horas de teleformación
    Proba final presencial: 10 de novembro de 2016
    Prazas: 29
    Matrícula: desde as 8 horas do 17 de setembro ata as 14 horas do 26 de setembro en http://egap.xunta.gal/matricula
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 519 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212