Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    Expertos do emprego público analizan na EGAP as novidades e retos do emprego público

    Xornadas / Xoves, 15 de Setembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá o III Foro de emprego público, destinado a debater sobre a implantación e o desenvolvemento das normas que regulan a función pública na etapa de poscrise.


    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá o III Foro de emprego público, destinado a debater sobre a implantación e o desenvolvemento das normas que regulan a función pública na etapa de poscrise.

    Ao acto de inauguración asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; María José Feijóo Rey, directora académica do foro e profesora titular de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade Autónoma de Barcelona; e Miguel Sánchez Morón, catedrático de Dereito administrativo da Universidade de Alcalá de Henares e presidente da comisión redactora do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP).

    Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos destacou a importancia da Lei de emprego público de Galicia ao ser unha das primeiras normas autonómicas que desenvolven o EBEP. Esta normativa, incidiu, regula a figura do directivo público profesional e a carreira horizontal, establece mecanismos de promoción profesional coherentes coas escalas funcionariais e prevé un sistema de avaliación do desempeño dirixido a motivar adecuadamente os complementos retributivos.

    Nesta liña pronunciouse, durante a conferencia inaugural, Sánchez Morón, que salientou o acerto da Lei do emprego público de Galicia ao regular a figura do directivo profesional, concretar as funcións do persoal eventual –que non poderá realizar tarefas ordinarias de xestión- e establecer a mobilidade funcionarial, fundamental para garantir unha Administración eficaz.

    Ao marxe da lei galega, o profesor Sánchez Morón resaltou a creación moderada de emprego público en 2016 -especialmente nas administración autonómicas-, a devolución de dereitos aos funcionarios unha vez superada a recesión económica e o establecemento de novos dereitos como o permiso retribuído de xestación.

    O foro continuará ao longo da mañá coas intervencións de Carlos Alfonso Mellado, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Valencia, que analizará a negociación colectiva no emprego público; e de María José Feijóo Rey que falará sobre o directivo público profesional.

    Na sesión de tarde intervirán Luis Míguez Macho, profesor de Dereito administrativo da USC, cun relatorio sobre o desenvolvemento lexislativo do EBEP en Galicia, e Manuel Pimentel Siles, ex-ministro de Traballo e Asuntos Sociais e mediador, cunha conferencia sobre a xestión de conflitos.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 518 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212