Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO

    A EGAP ofrece formación para facilitar a implementación das políticas de transparencia e datos abertos na administración pública

    A Escola / Luns, 3 de Outubro de 2016.

    Rueda asinou esta mañá un convenio co presidente do Consello de Contas, Jose Antonio Redondo, e coa Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, ademais da directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, polo cal a Escola Galega de Administración Pública convocará un curso superior de especialización en transparencia, bo goberno e datos públicos.


    Esta actividade terá como obxectivo principal dar a coñecer o marco normativo de aplicación en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno nos distintos niveis territoriais. Ademais, pretende dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para implementar as políticas de transparencia e datos abertos no eido público a través dunha xestión baseada na innovación e na administración electrónica, tendo como base o no novo marco relacional derivado dos mecanismos online e das redes sociais.

    O curso terá lugar entre os meses de novembro e xaneiro e a docencia desenvolveranse a través dunha metodoloxía mixta, con sesións presenciais e online.

    Poderán inscribirse nel o persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2, o persoal laboral dos grupos I e II, os cargos electos e o persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente; así como profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, graduado, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.

    A formación a través de convenio
    A EGAP asinou durante 2016 un total de 50 convenios de colaboración con outras entidades, os cales permitiron convocar un total de 53 actividades formativas no que vai de ano e programar outras 16 para outubro, novembro e decembro

    Así, nos próximos meses están programados mediante esta fórmula cursos como A atención temperá durante o embarazo e nos primeiros anos de vida, Práctica preventiva para a actuación en plans de evacuacións, emerxencias e primeiros auxilios, Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego ou Proceso de detección de trastornos do desenvolvemento, entre outros.

    A sinatura de convenios permítelle á Escola Galega de Administración Pública xerar sinerxías con outros organismos, tanto públicos como privados, mellorando deste xeito a formación que pode ofrecer aos empregados públicos da Administración galega. Deste xeito, a EGAP cumpre a máxima de actuar de xeito máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos e organizacionais dos que dispón a Administración, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 524 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212