Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre atención integral ás persoas residentes en institucións sociais da Admón pública

    Cursos / Martes, 4 de Outubro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 4 de outubro un curso monográfico denominado Atención integral ás persoas residentes en institucións sociais da Administración pública, co obxectivo de acadar ou reforzar estratexias de actuacións para a atención á persoa desde un enfoque bio-psico-social, así como estratexias de intervención integral como a atención psicolóxica, física e relacional.


    Destinatarios: persoal das administracións públicas de Galicia que interveña na atención ás persoas maiores en centros residenciais da Administración pública, ben sexa de forma directa ou desde postos de coordinación e dirección.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: 10, 11, 13 e 14 de outubro de 2016
    Horario: de tarde
    Duración: 16 horas
    Prazas: 35
    Inscrición: desde as 8.00 horas do 5 de outubro ata as 12.00 horas do 6 de outubro a través da Zona de matrícula da EGAP

    Unha vez formalizada a inscrición, todas as persoas deberán enviar antes do día 6 de outubro, un correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal no que deberá constar nome e apelidos do solicitante e achegar unha copia escaneada da certificación orixinal acreditativa de ser persoal das administracións públicas de Galicia que intervén na atención directa a persoas maiores en centros residenciais da Administración pública.

    A orde de admisión na actividade virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.

    Máis información na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 525 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212