Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de informática para o persoal da Administración local de Galicia

    Cursos / Mércores, 5 de Outubro de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense, convócanse catro cursos dirixidos ao persoal ao servizo da Administración local de Galicia e, en caso de vacante, ao persoal de Administración autonómica e estatal. Con carácter xeral, darase prioridade no proceso de selección aos solicitantes que presten servizos na Administración local da provincia de Ourense.


    O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8 horas do 6 de outubro ata as 14 horas do 15 de outubro a través da Zona de matrícula da EGAP

    CV16044. Sistemas operativos e busca de información: internet/intranet e correo electrónico- Windows 7

    Modalidade: mixta (6 horas presenciais e 24 horas de teleformación)
    Duración: 30 horas
    Datas: do 24 de outubro ao 24 de novembro
    Sesións presenciais: 24 de outubro, 7 e 24 de novembro
    Lugar: aulas de informática de Postal Escuela de Negocios (rúa Reza, núm. 3, Ourense)
    Prazas: 25

    CV16043. Aplicacións informáticas de tratamento de textos: Microsoft Word 2010

    Modalidade: mixta (6 horas presenciais e 24 horas de teleformación)
    Duración: 30 horas
    Datas: do 21 de novembro ao 22 de decembro
    Sesións presenciais: 21 de novembro, 12 e 22 de decembro
    Lugar: aulas de informática de Postal Escuela de Negocios (rúa Reza, núm. 3, Ourense)
    Prazas: 25

    CV16042. Aplicacións informáticas de follas de cálculo: Microsoft Excel 2010

    Modalidade: mixta (8 horas presenciais e 42 horas de teleformación)
    Duración: 50 horas
    Datas: do 25 de outubro ao 29 de novembro
    Sesións presenciais: 25 de outubro, 8, 22 e 29 de novembro
    Lugar: aulas de informática de Postal Escuela de Negocios (rúa Reza, núm. 3, Ourense)
    Prazas: 25

    CV16041. Aplicacións informáticas de base de datos relacionais: Microsoft Access 2010

    Modalidade: mixta (8 horas presenciais e 42 horas de teleformación)
    Duración: 50 horas
    Datas: do 23 de novembro ao 27 de decembro
    Sesións presenciais: 23 de novembro, 13, 20 e 27 de decembro de 2016
    Lugar: aulas de informática de Postal Escuela de Negocios (rúa Reza, núm. 3, Ourense)
    Prazas: 25

    Máis información no DOG núm. 190 ou nos teléfonos 981 546 257 e 981 546 254
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 527 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212