Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A directora da EGAP incide na necesidade de formación para impulsar a administración electrónica

    Publicacións / Mércores, 5 de Outubro de 2016.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, asistiu esta mañá na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela á presentación do libro La actualización de la Administración electrónica, dirixido polos profesores Marcos Almeida Cerreda e Luis Míguez Macho. Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos loou esta publicación pola súa labor de análise dos dereitos da cidadanía fronte á Administración electrónica e do papel dos poderes públicos neste contexto.


    Segundo a directora da Escola, é preciso un cambio de paradigma para que a innovación tecnolóxica se converta en impulsora da simplificación administrativa, a axilidade dos procedementos e a accesibilidade dos servizos; xa que o emprego de medios telématicos ha de redundar nunha maior eficacia e eficiencia no funcionamento da Administración. Así, incidiu na necesidade de facer da Administración electrónica un dereito e un deber, coa finalidade de que a cidadanía poida realizar de maneira sinxela trámites mediante ferramentas electrónicas.

    No caso concreto de Galicia, destacou, o goberno deu un lugar prioritario na súa actuación a todas aquelas cuestións relacionadas coa Administración electrónica como motor impulsor da calidade de vida e da inclusión social.

    Asemade, sinalou que a posta en marcha de todas as iniciativas relacionadas coa Administración electrónica pasa por un encaixe correcto das implicacións legais das recentes normativas aprobadas cos proxectos iniciados e futuros. Nesta liña, Rodríguez-Campos precisou que isto só será posible a través do fomento da formación dos empregados públicos, aos cales definiu como parte fundamental do proceso de modernización da Administración pública.

    Finalmente, a directora da EGAP lembrou a alta demanda que rexistran os cursos relacionados coas tecnoloxías da información e da comunicación convocados anualmente nos plans de formación da Escola, o cal indica a firme vontade dos empregados públicos neste proceso de modernización.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 528 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212