Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior sobre transparencia, bo goberno e datos públicos

    Cursos / Mércores, 19 de Outubro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Valedor do Pobo e o Consello de Contas de Galicia, un curso superior sobre transparencia, bo goberno e datos públicos coa finalidade de dar a coñecer o novo marco normativo e facilitar a súa implementación dentro das organizacións.


    Destinatarios: persoas que pertenzan ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario, aos grupos I e II do persoal laboral, persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como profesionais que se atopen en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
    Prazas: 50
    Datas: entre o 7 de novembro de 2016 e xaneiro de 2017
    Modalidade: mixta
    Duración: 100 horas (54 horas presenciais, 26 horas en teleformación e 20 horas para a elaboración dun traballo individual)
    Importe: matrícula de 200 euros para o persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 e para o persoal laboral dos grupos I e II. Matrícula de 350 euros para os demais solicitantes.
    Matrícula: desde as 8 horas do 20 de outubro ata as 23 horas do 31 de outubro ou ata que se cubran as prazas na Zona de matrícula da EGAP. Os solicitantes deberán enviar a novas.egap@xunta.gal, dentro do prazo de matrícula, unha certificación acreditativa do grupo de destinatarios ao que pertencen ou, no seu caso, unha copia debidamente cotexada do título.
    Máis información: no DOG do 19 de outubro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 532 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212