Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015

    Cursos / Mércores, 19 de Outubro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público co obxectivo de analizar e estudar as principais novidades que achegan estas leis e a súa incidencia, entre outros, na organización e o funcionamento da Administración, no réxime xurídico dos convenios, na responsabilidade patrimonial das administracións públicas, nos recursos administrativos ou na tramitación electrónica dos procedementos.


    Destinatarios: esta actividade está dirixida a aqueles profesionais que se encadren nalgunha das situacións seguintes:
    1. Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario
    2. Pertencer aos grupos I e II do persoal laboral
    3. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas polos destinatarios anteriores, as vacantes poderán cubrirse co persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como cargos electos, profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.

    A orde de admisión virá determinada pola data de presentación das solicitudes.

    Prazas: 100
    Datas: 14 sesións en horario de tarde, os mércores e xoves, entre o 2 de novembro e o 22 de decembro de 2016
    Modalidade: presencial
    Duración: 42 horas
    Matrícula: desde as 8 horas do 20 de outubro ata as 23 horas do 27 de outubro na Zona de matrícula da EGAP. Os solicitantes deberán enviar a novas.egap@xunta.gal, dentro do prazo de matrícula, unha certificación acreditativa do grupo de destinatarios ao que pertencen (excepto o persoal da Administración autonómica) ou, no seu caso, unha copia debidamente cotexada do título.
    Importe: matrícula de 100 euros para os destinatarios incluídos no punto 3 e gratuíta nos demais casos.
    Máis información: no DOG do 19 de outubro ou na ficha do curso

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 533 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212