Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    A Xunta incide na formación sobre o regulamento europeo de protección de datos

    Xornadas / Martes, 25 de Outubro de 2016.

    Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela unha xornada sobre o regulamento europeo de protección de datos organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).


    Ao acto de inauguración asistiron a directora en funcións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos; a directora en funcións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira; Fernando Suárez, presidente do CPEIG e Miguel Ángel Davara, catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas.

    Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos incidiu no importante reto ao que se enfronta a Administración pública canto á xestión dos datos persoais da cidadanía, ao ter o deber de seguir traballando para facilitar a libre circulación desta información pero sen esquecer que é imprescindible garantir un elevado nivel de protección.

    Neste eido, destacou, é fundamental incidir na formación dos empregados públicos como responsables últimos de aplicar a normativa dentro das institucións e, en consecuencia, ofrecer un mellor servizo á cidadanía.

    A directora en funcións da EGAP lembrou que dende este organismo se vén ofrecendo desde hai xa varios anos formación específica e transversal relativa á protección de datos persoais baixo actividades como “Seguridade informática básica”, “Iniciación á Administración electrónica. Seguridade da información e protección de datos”, “Perfeccionamento de xefatura de sección”, “Perfeccionamento de xefatura de negociado” ou “Atención ás vítimas o delito e información ao cidadán”.

    A directora en funcións da Amtega, sinalou que “a vertixinosa evolución tecnolóxica dos últimos anos facilítanos o manexo dunha gran cantidade de datos, que se traducirán en servizos e solucións cada máis personalizadas para os cidadáns e nunhas administracións que se poderán anticipar ás necesidades dos seus administrados”. Mar Pereira insistiu en que “é fundamental que todo isto se faga garantindo a protección dos datos persoais, e de aí a importancia deste novo regulamento europeo”.

    A responsable en funcións do departamento tecnolóxico da Xunta lembrou a importancia de adaptarse canto antes a este novo regulamento que chega, precisamente cando acaba de entrar en vigor a Lei 39/2015 que supón o lombeirada definitiva a Administración dixital. Neste sentido subliñou a necesidade do traballo interdisciplinar entre xuristas e tecnólogos para que a evolución tecnolóxica vaia acompañada do marco normativo que precisa.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 536 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212