Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP forma os empregados públicos nas novidades máis recentes do Dereito administrativo

    Cursos / Mércores, 2 de Novembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta tarde o curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público. Cunha duración de 42 horas, esta actividade servirá para formar a 100 empregados públicos sobre as principais novidades que achegan estas dúas normas nucleares do réxime xurídico español e a súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.


    Durante a inauguración do curso, a directora da EGAP en funcións, Sonia Rodríguez-Campos, destacou o papel destas novas leis na creación dun marco normativo que permitirá conseguir unhas administracións públicas máis eficientes, transparentes e áxiles. A nova norma incide na mellora da eficiencia a través da Administración electrónica con cero papel, incrementa a seguridade xurídica, aumenta a transparencia, axuda a racionalizar a estrutura administrativa e perfecciona o sistema de relacións entre administracións.

    Por outra banda, Sonia Rodríguez-Campos lembrou a formación impartida pola Escola nesta materia esencial, que comezou xa no 2015 cunha xornada sobre os anteproxectos de lei. Durante 2016, a EGAP convocou, ademais da actividade comezada hoxe, un monográfico e 14 cursos de formación continua dirixidos a todos os colectivos de empregados públicos. O programa formativo destas dúas leis completouse coa publicación de contidos en aberto dentro do programa de autoformación. Grazas a estas accións a Escola puido capacitar nesta materia a un total de 1400 empregados públicos e dar acceso aos contidos de autoformación a máis de 600 persoas.

    Finalmente, a directora en funcións do organismo definiu o estudo destas leis como imprescindible para os empregados públicos por ter unha repercusión práctica no seu traballo cotiá.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 537 de 1207
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212