Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de análise do custo efectivo dos servizos públicos municipais para persoal da Administración local de Galicia

    Cursos / Venres, 25 de novembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense convocan un curso de análise do custo efectivo dos servizos públicos municipais destinado ao persoal da Administración local de Galicia.


    Os obxectivos desta actividade son:
    • contribuír a que os empregados públicos se introduzan na contabilidade analítica pública que por primeira vez será obrigatoria á hora de calcular os custos efectivos dos servizos públicos locais e incidir na obrigatoriedade do envío de datos ao Ministerio de Facenda para a súa publicación
    • actualizar os coñecementos do marco normativo de desenvolvemento do novo artigo 116 ter. Custo efectivo dos Servizos da Lei de bases de réxime local
    • dar a coñecer e debater o alcance e efectos xurídicos que ten a nova obrigación de calcular o custo efectivo dos servizos públicos por parte das entidades locais
    • coñecer e dominar as ferramentas e procesos para efectuar o cálculo do custo efectivo, según os criterios e metodoloxía da Orde Ministerial e da Resolución do 23 de xuño de 2015.
    Destinatarios: funcionarios das entidades locais con habilitación de carácter estatal e persoal técnico e administrativo ao servizo da Administración local que ocupe postos de responsabilidade na xestión de servizos públicos locais.
    Edicións: unha.
    Duración: 25 horas.
    Prazas: 35.
    Lug   ar de realización: Aulas do Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa Progreso, 30-2º, Ourense).
    Datas: 12, 13, 14, 15, 19, 20, 21 e 22 de decembro de 2016.
    Horario: das 16.45 ás 20.00 horas.
    Matrícula: desde as 8 horas do 26 de novembro ata as 14 horas do 3 de decembro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información no DOG do 25 de novembro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 540 de 782
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia