Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre a planificación estratéxica como método de xestión pública

    Cursos / Xoves, 15 de Decembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 15 de decembro un curso monográfico para analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos e afondar no coñecemento das ferramentas precisas para implementalas.


    Destinatarios: empregados das administracións públicas de Galicia, autonómica e local, pertencentes aos grupo A1 e A2 do persoal funcionario ou aos grupos I e II do persoal laboral.
    Duración: 14 horas lectivas
    Datas: os días 19 e 20 de xaneiro en horario de mañá e tarde
    Prazas: 50
    Inscrición: desde as 8 horas do 16 de decembro ata as 23 horas do 12 de xaneiro en http://egap.xunta.gal/matricula. Aqueles solicitantes que pertenzan á Administración local deberán enviar, dentro do prazo establecido, a novas.egap@xunta.gal unha certificación acreditativa da súa condición de empregado público da Administración local e do grupo ao que pertence.

    A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.

    Máis información no DOG ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 543 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212