Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de xestión de instalacións deportivas

    Cursos / Venres, 16 de Decembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso no que se tratarán as principais cuestións referentes ao proceso de xestión de instalacións deportivas, facendo fincapé nos aspectos económicos e lexislativos desde un punto de vista práctico.


    Destinatarios: persoal de institucións, asociacións e instalacións deportivas -tanto públicas coma privadas- con responsabilidade na xestión de instalacións deportivas; persoal de empresas e asociacións organizadoras de eventos e actividades; estudantes de posgrao e grao que desexen unha formación especializada en materia de economía e dereito deportivo; deportistas e persoas interesadas na materia.
    Prazas: 50
    Duración: 40 horas lectivas (7 sesións presenciais de 4 horas, unha visita a unha instalación deportiva de 2 horas e 10 horas non presenciais de traballo autónomo do alumnado.
    Datas: do 26 de xaneiro ao 16 de marzo
    Horario: os xoves, das 16 ás 20 horas
    Lugares: o curso poderá seguirse de xeito presencial desde a sede da EGAP, en Santiago de Compostela, ou a través de videoconferencia desde as delegacións territoriais de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
    Inscrición: desde as 8 horas do 17 de decembro ata as 23 horas do 12 de xaneiro en http://egap.xunta.gal/matricula Ademais, as persoas solicitantes deberán enviar dentro do prazo de matrícula a novas.egap@xunta.gal o seu CV e unha carta de motivación -cunha extensión máxima de 2 páxinas- na que manifesten o seu interese persoal no curso. No mesmo correo deberán indicar o lugar elixido para seguir o curso.
    Máis información no DOG do 16 de decembro ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 544 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212