Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada sobre a Lei de accesibilidade de Galicia e a convención internacional sobre persoas con discapacidade 2006

    Xornadas / Venres, 27 de Xaneiro de 2017.

    A EGAP porá en marcha o próximo 8 de febreiro unha xornada sobre a Lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia, e a convención internacional sobre persoas con discapacidade 2006: aplicación e control polas administracións públicas. As sesións presenciais desenvolveranse en Ourense, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia, pero poderán seguirse por videoconferencia desde Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo.


    Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 10/2014, do 3 de decembro de accesibilidade, proponse a realización desta acción formativa cuxo obxecto principal é afondar no estudo do texto legal para un mellor tratamento da accesibilidade, en especial, nas relacións cidadán-Administración.

    Destinatarios: empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, das universidades do Sistema universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Data: mércores, 8 de febreiro de 2017
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 6 horas lectivas

    Lugar: As sesións presenciais desenvolveranse en Ourense, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia, Avenida da Habana, núm. 79 (salón de actos, andar principal) e poderán seguirse tamén por videoconferencia desde calquera das seguintes sedes:
     - Santiago de Compostela: EGAP, rúa Madrid, 2-4 (aula 5).
     - A Coruña: Edificio administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2 (sala de xuntas B, planta baixa).
    - Lugo: Delegación territorial da Xunta de Galicia, rolda da Muralla, 70 (sala Muralla, 1º andar).
    - Pontevedra: Edificio administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, 43.
    Campolongo (Aula 1, planta baixa).
    - Vigo: Edificio administrativo, Torre principal, Concepción Arenal, 8 (Sala A, 1º andar).

    Inscrición: a través da zona de matrícula da EGAP desde as 8 horas do 28 de xaneiro ata as 23 horas do 5 de febreiro. Ademais, os solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xuntal.gal indicando o nome e apelidos da persoa que desexa asistir á xornada e o lugar elexido.

    Máis información no DOG ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 549 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212