Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP forma a cincuenta profesionais do deporte na xestión de instalacións deportivas

    Cursos / Xoves, 26 de xaneiro de 2017.

    Esta tarde a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inauguraron en Santiago de Compostela un curso sobre xestión de instalacións deportivas. Grazas á celebración desta actividade na modalidade de videoconferencia, cincuenta profesionais do deporte formaranse de xeito presencial e simultáneo nas delegacións territoriais de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.


    A directora da EGAP incidiu na relevancia deste curso, xa que a súa convocatoria responde “ao elevado interese que suscita na actualidade a práctica deportiva e a súa indubidable contribución ao crecemento económico, á creación de emprego e á innovación”. Así, destacou Sonia Rodríguez-Campos, a formación que se inicia hoxe “capacitará ao alumnado para manexar os aspectos cada vez máis complexos que se deben ter en conta á hora de dirixir e administrar este tipo de espazos”.

    Pola súa banda, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, sinalou que a situación destas instalacións en Galicia “é boa” xa que “contamos cun gran número de infraestruturas ben xestionadas” e apuntou cara ao reto de que “a situación sexa aínda mellor”. “Para ter os mellores atletas, precisamos das mellores instalacións. Pero para ter as mellores instalacións, precisamos tamén dos mellores xestores”, engadiu.

    Do mesmo xeito, a secretaria xeral fixo fincapé en que en Galicia “contamos cun mapa de infraestruturas tan denso como esixe a nosa extensión xeográfica e a calidade dos nosos atletas”. Ao fío desta idea falou sobre o incremento desde 2009 das licenzas deportivas nun 17% e dos deportistas de alto nivel nun 46%. “ Ademais, a práctica deportiva pasou dun 55,1% en 2007 a un 70,75% en 2014 segundo a última enquisa realizada pola USC en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte no marco do programa Galicia Saudable”, apuntou. Para satisfacer esta demanda, Marta Míguez apostou por “unha oferta aínda maior” para o que é preciso “bos xestores que saiban levar ao deporte e as súas instalacións pola senda do correcto funcionamento e que todos os galegos e galegas sexamos beneficiarios das súas accións”.

    Curso sobre a xestión de instalacións deportivas
    Grazas a este curso teórico-práctico cincuenta alumnos e alumnas formaranse na xestión de instalacións deportivas entre os meses de xaneiro e marzo. Durante as sesións formativas trataranse materias como o uso das novas tecnoloxías no eido deportivo, a avaliación de riscos, a implantación de medidas de seguridade, a comunicación e o marketing, a xestión económico-financeira ou o marco legal.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 550 de 733
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia