Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola publica no DOG o plan de formación para 2017

    Cursos / Xoves, 2 de Febreiro de 2017.

    O plan de formación da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2017 recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia, ao persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico e das institucións públicas autonómicas e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas (UDC, USC e Uvigo).


    O plan recolle o conxunto de accións estratéxicas para a formación e actualización profesional dos empregados públicos da Comunidade Autónoma a través dunha oferta ampla e variada coa que mellorar a súa cualificación e capacitación profesional. O feito de aglutinar a formación destinada aos distintos colectivos de empregados públicos nun único instrumento constitúe unha acción pioneira, coa que se pretende dotar de unidade e coherencia ao conxunto da oferta formativa.

    Como novidade, en 2017 a Escola presenta un programa de autoformación común a todos os empregados públicos, ofrecendo un amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.

    Para a elaboración do plan tomáronse en consideración as necesidades formativas dos diversos colectivos aos que este instrumento se dirixe. Por este motivo participaron na programación as distintas consellerías da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza, a Dirección Xeral de Administración Local, os entes instrumentais do sector público autonómico, as institucións públicas autonómicas e as tres universidades de Galicia. Ademais, colaboraron no seu deseño os coordinadores de formación de cada centro directivo, docentes e expertos de distintas disciplinas e os propios destinatarios da actividade formativa da escola, que coas súas suxestións contribúen a facer do plan un instrumento efectivo para o avance continuo.

    Así mesmo, a avaliación dos plans formativos, concibida como un proceso sistemático e permanente de recollida de información, é hoxe un dos alicerces nos cales se sustenta o modelo formativo da EGAP. Este permite mellorar a programación dos cursos, adecuar as actividades ás necesidades e expectativas dos usuarios, mellorar a calidade das actividades incluídas no plan e, en último termo, reforzar a transparencia, a rendición de contas e o control de resultados. Ademais, para a súa configuración, tívose en conta a demanda real rexistrada nos cursos. Estas son as ferramentas chave que permitiron a creación dun programa de calidade e adecuado aos requirimentos dos usuarios.

    Máis información no DOG do 2 de febreiro
  • Recursos
  •   Plan de formación EGAP 2017  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 551 de 1197
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212