Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    A EGAP debate en Ourense sobe a Lei de accesibilidade de Galicia

    A Escola / Mércores, 8 de Febreiro de 2017.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Mª Sol Díaz Mouteira, inauguraron hoxe a xornada A Lei 10/2014 de accesibilidade de Galicia e a convención internacional sobre persoas con discapacidade 2006: aplicación e control polas administracións públicas, que se foi seguida por un total de 163 persoas, en Ourense de xeito presencial e mediante videoconferencia en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo. Ao acto inaugural tamén asistiu o profesor de Dereito administrativo da Universidade de Vigo e director da xornada, Jacinto Lareo Jiménez.


    Durante a súa intervención, a directora da EGAP fixo fincapé na relevancia de poñer en marcha actividades formativas que dean a coñecer en profundidade esta materia, debido a que actualmente máis de duascentas mil persoas en Galicia teñen algún tipo de discapacidade.

    Ademais, Sonia Rodríguez-Campos lembrou que as persoas con discapacidade seguen atopando barreiras para participar en igualdade de condicións na vida social e laboral. Por este motivo, engadiu, son tan relevantes as actuacións lexislativas enfocadas a mellorar a calidade de vida e a autonomía deste sector da poboación. No caso de Galicia, a Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade supuxo un grande avance ao incorporar ámbitos que non estaban regulados e que hoxe en día resultan ineludibles, como os referidos á sociedade da información, ás telecomunicacións e ao acceso aos bens e servizos das administracións públicas. Con esta lei Galicia aspira a unha sociedade máis inclusiva, que evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, destacou Sonia Rodríguez-Campos.

    María José Santos Comesaña, profesora de educación especial do centro Juan María, foi a encargada de ofrecer o primeiro relatorio titulado A linguaxe xurídica e a lectura fácil: a primeira sentenza en lectura fácil. A continuación, Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE en Galicia, falou sobre a discapacidade visual e o acceso aos servizos públicos.

    A xornada de mañá rematou coa participación dos profesores de Dereito administrativo da Universidade de Vigo Ángel Aday Jiménez, cun relatorio sobre constitucionalidade e o dereito de accesibilidade, e Jacinto Lareo falando sobre os dereitos das persoas con discapacidade nos procesos electorais.

    A actividade formativa completouse pola tarde coas intervencións do arquitecto Alfonso Correa Cuevas, cunha intervención titulada A accesibilidade máis alá da norma, e de Germán María Serrano Espinosa, maxistrado xuíz decano de Vigo e delegado para a discapacidade do Consello Xeral do Poder Xudicial, que falou sobre a xustiza e a discapacidade.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 552 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212