Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior sobre elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable

    A Escola / Xoves, 9 de Febreiro de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG do 9 de febreiro, un curso superior sobre elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable coa finalidade de dar a coñecer os obxectivos das políticas europeas en materia de desenvolvemento urbano e territorial a través do concepto estratexia DUSI e da convocatoria do IDAE, profundar na necesidade de incorporar esta visión e obxectivos estratéxicos da EE2020 na planificación municipal galega e aplicar ferramentas de xestión de fondos europeos a través das estratexias DUSI.


    Esta actividade está dirixida a aqueles profesionais que se encadren nalgunha das situacións seguintes:
    - Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 ou A2) do persoal funcionario.
    - Pertencer aos grupos I e II do persoal laboral.
    - Persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, cargos electos, así como profesionais que se atopen en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.

    Prazas: 40
    Modalidade: mixta
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Duración: 100 horas teórico-prácticas (58 horas presenciais -os xoves-, 22 horas en teleformación e 20 horas de traballo individual final titorizado)
    Importe: matrícula de 200 euros para o persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 e para o persoal laboral dos grupos I e II. Matrícula de 350 euros para os demais solicitantes.
    Matrícula: desde as 8.00 horas do 10 de febreiro ata as 23.00 horas do 17 de febreiro de 2017 na Zona de matrícula da EGAP. Os solicitantes, agás os que pertenzan á Administración autonómica, deberán enviar a novas.egap@xunta.gal -antes de que finalice o prazo de inscrición- unha certificación acreditativa do grupo de destinatarios ao que pertencen ou, no seu caso, unha copia do título.
    Máis información: no DOG do 9 de febreiro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 554 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212