Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca 255 actividades formativas para o persoal da Admón. autonómica

    Cursos / Venres, 17 de Febreiro de 2017.

    A EGAP publica no DOG do 17 de febreiro a primeira convocatoria de actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Nela ofértanse un total de 255 actividades formativas e 9738 prazas.


    Destinatarios:
    • os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia
    • o persoal que presta servizos nas entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia e nas institucións públicas autonómicas poderá acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes
    • cando así o estableza a epígrafe "destinatario" dunha actividade concreta, poderán acceder empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas
    Matrícula: en http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8 horas do 18 de febreiro ata as 14 horas do 27 de febreiro. O persoal das entidades instrumentais de Galicia e das institucións públicas autonómicas deberá enviar a xestion.egap@xunta.gal, dentro do prazo de matrícula, un certificado que indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.

    Número de solicitudes: un máximo de seis por persoa para esta convocatoria

    A listaxe de actividades convocadas pode consultarse no DOG do 17 de febreiro.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 555 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212