Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de actividades de formación continua en materia de idiomas

    Cursos / Mércores, 1 de Marzo de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública oferta 38 edicións formativas e 1565 prazas en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico. Esta convocatoria inclúe cursos en teleformación de inglés, francés, alemán e portugués e presenciais de linguaxe de signos, inglés e francés.


    Destinatarios:
    • os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico
    • cando así o estableza a epígrafe "destinatario" dunha actividade concreta, poderán acceder empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas
    • os empregados públicos pertencentes a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes
    Matrícula: desde as 8 horas do 2 de marzo ata as 14 horas do 11 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula

    Número de solicitudes: un máximo de tres por persoa para esta convocatoria

    Probas de nivel:
    • Nas actividades de teleformación: ponse a disposición na Aula virtual unha proba de nivel orientativa para lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa.
    • Nas actividades presenciais: as probas de nivel serán presenciais. A EGAP informará aos seleccionados do lugar e da data da proba a través do correo electrónico.
    Máis información no DOG do 1 de marzo.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 558 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212