Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP forma a 40 profesionais da Administración pública en estratexias de desenvolvemento urbano sustentable

    Cursos / Xoves, 2 de Marzo de 2017.

    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá en Santiago de Compostela o curso superior Elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable.


    Durante o acto de presentación, a directora da Escola resaltou a relevancia desta temática no contexto actual, xa que o curso incide nunha nova visión dos ámbitos urbanos que vai supoñer un cambio integral na planificación municipal do noso país.

    Sonia Rodríguez-Campos lembrou a necesidade de incorporar unha visión da cidade máis intelixente, sustentable e integradora, en consonancia coa Estratexia Europa 2020, non só para optar aos fondos europeos do período 2014-2020, senón tamén como un instrumento que permita aumentar a capacidade de interlocución das entidades locais con axentes privados e outros organismos de financiamento.

    Curso superior EIDUS
    Este curso superior, pioneiro en España, servirá para formar durante máis de dous meses a 40 profesionais na elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable. A finalidade é dar a coñecer ao persoal da Administración pública de Galicia os obxectivos das políticas europeas en materia de desenvolvemento urbano e territorial a través do concepto estratexia DUSI e da convocatoria do IDAE.

    As sesións distribuiranse entre clases presenciais e online e un traballo final titorizado, que suporán un total de 100 horas lectivas.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 559 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212