Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais (nivel básico) do Issga

    Cursos / Xoves, 23 de Marzo de 2017.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais.


    Destinatarios: empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
    Modalidade: teleformación
    Duración: 60 horas
    Edicións: tres
    Datas: do 25 de abril ao 22 de xuño de 2017
    Proba final presencial: o día 22 de xuño ás 10.00 horas nos centros territoriais do Issga da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e na sede da EGAP en Santiago de Compostela.
    Prazas: 50 por edición
    Matrícula: desde as 9 horas do 27 de marzo ata as 23.55 horas do 5 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula
    Terán preferencia no proceso de selección os delegados de prevención, traballadores designados e empresarios que asuman as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a issga.cursoprl@xunta.gal dentro do prazo de presentación de solicitudes a documentación que o acredite).


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 567 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212