Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Desafío 2020: os novos retos da Administración na segunda década do século XXI

    Cursos / Martes, 21 de marzo de 2017.

    Nun contorno cambiante, cheo de desafíos, a Administración pública e os seus principais valores, o persoal que nela traballa, deben adaptarse á nova realidade social. Por estes motivos, a EGAP convoca un curso monográfico para axudarlles a anticipar eses cambios coa vista posta no ano 2020, que marcará o inicio da terceira década do século XXI, a que moitos coinciden en chamar a década paradigmática polo cambio de paradigma que representará.


    Neste novo contexto de necesaria renovación, as administracións e o seu persoal deberán optimizar a súa solvencia económica, técnica e profesional; mellorar a súa resonancia como elementos identitarios de referencia; incrementar os seus niveis de integración no espazo global a que pertencen; avanzar en transparencia e axustar as súas dimensións; aumentar a eficiencia de todos os seus recursos, en especial a excelencia dos seus valores humanos; expoñerse dunha maneira máis próxima e comprensible á cidadanía, convertendo a comunicación e a oratoria en dúas das súas ferramentas esenciais; tomar conciencia do seu papel social e representalo con motivación, e interactuar con suficiencia no contorno dixital.

    Destinatarios: os empregados das administracións públicas de Galicia, preferentemente da Administración local, e o persoal da Administración institucional e dos entes instrumentais do sector público de Galicia.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: 4 e 5 de abril de 2017
    Horario: día 4 de abril, horario de mañá e tarde; día 5 de abril, horario de mañá
    Duración: 12 horas lectivas
    Matrícula: desde as 8 horas do 22 de marzo ata as 23 horas do 31 de marzo en http://egap.xunta.gal/matricula. Agás os empregados que pertenzan á Administración autonómica e á Administración de xustiza, todos os solicitantes, unha vez formalizada a súa inscrición, deberán enviar un correo electrónico, dirixido a novas.egap@xunta.gal, achegando a certificación acreditativa da súa condición de empregado público e da Administración e do grupo a que pertencen.
    Máis información no DOG do 21 de marzo ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 566 de 733
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia