Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos para o persoal da Administración local da Deputación de Ourense

    Cursos / Mércores, 29 de Marzo de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse tres cursos para o persoal da Administración local de Galicia nos que terán preferencia os solicitantes que presten servizos na Administración local da provincia de Ourense.


    Matrícula: desde as 8 horas do 30 de marzo ata as as 14 horas do 10 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula


    CV17004: Curso sobre a nova Lei do solo de Galicia e a aplicación práctica da disciplina urbanística
    Destinatarios: Asesores, letrados, secretarios, secretarios-interventores, funcionarios con habilitación de carácter estatal, en xeral, e demais técnicos xurídicos ao servizo das corporacións locais que realicen funcións de carácter técnico na área de urbanismo. Arquitectos, enxeñeiros, aparelladores e demais persoal ao servizo da Administración local da provincia que teñan asignadas no seus postos de traballo tarefas de xestión ou asesoramento en materia de urbanismo.
    Modalidade: presencial
    Duración: 30 horas
    Datas: do 17 ao 27 de abril de 2017
    Lugar: aulas de formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel (r/ Progreso, nº 30, 2º)
    Prazas: 40

    CV17005: Curso de aplicacións informáticas para presentacións gráficas: Microsoft PowerPoint-2010
    Destinatarios: Persoal da Administración local que realizase algún curso de informática básica anteriormente ou con coñecementos informáticos previos. Persoal técnico e administrativo das entidades locais que realice labores con mecanización informática e que deba realizar traballos con presentacións gráficas.
    Modalidade: mixto (6 horas presenciais e 24 horas de teleformación)
    Duración: 30 horas
    Datas: do 2 ao 30 de maio de 2017
    Sesión    presenciais: 2, 15 e 30 de maio de 2017
    Lugar: aulas de informática de Postal Escuela de Negocios (rúa Reza, nº 3, Ourense)
    Prazas: 25

    CV17006: Curso de transparencia e bo goberno na Administración local
    Destinatarios: Secretarios, interventores, secretarios-interventores e tesoureiros da Administración local. Habilitados de carácter estatal e persoal técnico da Administración local. Profesionais ao servizo das corporacións locais con postos ou funcións relacionadas cos contidos obxecto do curso.
    Modalidade: presencial
    Duración: 20 horas
    Datas: do 23 ao 31 de maio de 2017
    Lugar: aulas de formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel (r/ Progreso, nº 30, 2º)
    Prazas: 40

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 569 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212