Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre o novo marco normativo do urbanismo en Galicia

    Cursos / Venres, 31 de marzo de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, convoca o curso Novo marco normativo do urbanismo en Galicia: a Lei do solo de Galicia 2/2016 e o seu Regulamento; a Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.


    Obxectivos: divulgar e formar os profesionais no novo marco normativo en materia de urbanismo e regulación de actividades definido na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da aprobación da Lei 2/2016, do solo de Galicia e o seu Regulamento e da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, que a desenvolve.
    Destinatarios: profesionais de perfil xurídico ou técnico que se encadren nalgunha das situacións seguintes:

    4.1. Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 ou A2) do persoal funcionario
    4.2. Pertencer aos grupos I ou II do persoal laboral
    4.3. Ser arquitecto colexiado no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
    4.4. Poderá acceder ás prazas restantes o persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como os profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico

    Lugar: Lugo, Pontevedra, A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela
    Datas: entre o 24 de abril e o mes de xuño (as datas serán diferentes en cada localidade)
    Horas: 56
    Matrícula: desde as 8.00h do 3 de abril ata as 23.00h do 18 de abril na web do COAG
    O importe da matrícula é 420 € aínda que existen réximes bonificados con importes de matrícula de 300 e 360 euros para os casos que se relacionan na convocatoria (ver DOG).

    Máis información na ficha do curso ou no DOG do 31 de marzo.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 570 de 761
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia