Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP publica os resultados de satisfacción coa formación do ano 2016

    Investigación / Venres, 31 de Marzo de 2017.

    A Escola presenta o informe de resultados da satisfacción coa acción formativa do ano 2016, no que se sintetizan os principais resultados obtidos sobre os niveis de satisfacción do alumnado coas actividades e co labor docente. A publicación deste informe responde ao obxectivo de favorecer a transparencia e a rendición de contas ante os empregados públicos e a cidadanía no seu conxunto.



    Os resultados desta avaliación recóllense nun informe froito da análise das 7.679 enquisas de satisfacción cumprimentadas polo alumnado, nas modalidades presencial e teleformación, así como das 537 enquisas cumprimentadas polos docentes e titores/as da Escola.

    No documento, inclúese a valoración da formación destinada ao persoal da Administración autonómica, das entidades locais, da Administración de xustiza, do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas e, por primeira vez, tamén ao persoal da Administración institucional e entes instrumentais do sector público de Galicia; por canto a EGAP traballa na profesionalización e continua reciclaxe do conxunto dos empregados públicos da Comunidade Autónoma. Atendendo ás distintas metodoloxías de ensino, o informe presenta os resultados acadados para a formación presencial, a teleformación e a autoformación.

    O informe completo pode consultarse aquí.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 571 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212