Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP aborda nun monográfico os desafíos da Administración pública para os próximos anos

    Cursos / Martes, 4 de Abril de 2017.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá o curso monográfico “Desafío 2020: os novos retos da Administración na segunda década do século XXI”, acompañada de Modesto Gómez, director do curso.


    Esta actividade formativa, á que se inscribiron 55 empregados públicos, ten como finalidade fomentar a innovación e a motivación entre os traballadores co fin de consolidar unha Administración pública máis competitiva, de calidade e á altura do que a cidadanía precisa.

    Durante a inauguración Sonia Rodríguez-Campos recoñeceu aos empregados públicos non só como o principal recurso para a prestación dos servizos, senón como o factor de maior valor estratéxico dentro das organizacións para adaptarse ás novas realidades.

    Ademais, sinalou este curso monográfico como unha formación esencial para potenciar as habilidades profesionais, incidindo en eidos fundamentais como a comunicación, o liderado e, especialmente, a motivación.

    O curso monográfico Desafío 2020
    Este curso, cunha duración de dous días, está dirixido aos empregados .das administracións públicas de Galicia, preferentemente da Administración local, e ao persoal da Administración institucional e dos entes instrumentais do sector público de Galicia.

    A través de oito sesións, os alumnos recibirán formación sobre oratoria, uso das redes sociais, creación da marca persoal ou habilidades de comunicación.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 572 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212