Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Venres, 7 de Abril de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 14 edicións e 350 prazas dos cursos de linguaxe administrativa galega (nivel medio e nivel superior) destinados aos empregados públicos destinados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que accedan á formación continua.


    Cursos convocados:
    • Modalidade de teleformación: 5 edicións do nivel medio e 6 edicións do nivel superior
    • Modalidade presencial: 1 edición do nivel medio e 2 do nivel superior en Santiago de Compostela
    Matrícula: desde as 8 horas do 8 de abril ata as 14 hora do 17 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula
    Número de solicitudes permitidas para esta convocatoria: unha
    Presentación de documentación: só deberán achegar a documentación especificada no punto sexto da convocatoria aquelas persoas que sexan seleccionadas. Terán un prazo de tres días hábiles desde a publicación da listaxe definitiva de admitidos.

    Máis información no DOG do 7 de abril.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 573 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212