Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal que preste servizos dentro da CA de Galicia

    Cursos / Venres, 7 de Abril de 2017.

    A EGAP convoca tres edicións dos cursos de linguaxe xurídica galega (1 do nivel medio e 2 do nivel superior) destinadas a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.


    Matrícula: desde as 8 horas do 8 de abril ata as 14 hora do 17 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula
    Número de solicitudes permitidas para esta convocatoria: unha
    Presentación de documentación: só deberán achegar a documentación especificada no punto sexto da convocatoria aquelas persoas que sexan seleccionadas. Terán un prazo de tres días hábiles desde a publicación da listaxe definitiva de admitidos.

    Máis información no DOG do 7 de abril.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 574 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212