Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal que preste servizos fóra da CA de Galicia

    Cursos / Venres, 7 de Abril de 2017.

    A EGAP convoca 3 edicións do nivel superior de linguaxe xurídica galega destinadas a maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Matrícula: desde as 8 horas do 8 de abril ata as 14 horas do 17 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula
    Número de solicitudes permitidas para esta convocatoria: unha
    Presentación de documentación: no prazo de presentación de solicitudes as persoas solicitantes deberán achegar por correo electrónico ao enderezo xestion.egap@xunta.gal, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:
    1. validación ou certificación acreditativa de ter superado o nivel de coñecemento do idioma galego para poder ser admitido no curso que solicita
    2. documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza, tomando como referencia a primeira toma de posesión.

    Máis información no DOG do 7 de abril.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 575 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212