Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Venres, 5 de Maio de 2017.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2017 ao escritor e editor ourensán Carlos Casares (1941-2002). A EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste galego insigne organizando un acto literario, así como unha viaxe de interese cultural.


    No acto literario poderá participar calquera persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal empregado público ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 50 prazas). No caso de presentárense máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.

    Acto literario
    O día 12 de maio, ás 12.00 horas, no salón de actos da EGAP, celebrarase un acto literario no cal Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa recitarán fragmentos da obra de Carlos Casares.

    As persoas interesadas en participar no acto literario deberán inscribirse en  https://egap.xunta.gal/matricula/ entre o 6 de maio e as 23.00 horas do día 10 de maio de 2017.

    Viaxe cultural
    O día 13 de maio terá lugar unha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu unha boa parte da vida do autor homenaxeado. O programa e o percorrido poderanse consultar na páxina web da EGAP.

    Para inscribirse na viaxe cultural será preciso matricularse primeiro no acto literario. A continuación, as persoas interesadas en participar na viaxe cultural deberán, ademais, enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, no cal se indiquen o seu nome, apelidos e datos de contacto, así como o seu vínculo de pertenza a calquera das administracións públicas de Galicia.

    A inscrición na viaxe implica a obrigatoriedade de asistir ao acto literario. Para a selección da viaxe cultural terase en conta a data e a hora de recepción do correo electrónico.

    Máis información no DOG do 5 de maio e na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 582 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212