Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP inicia un novo curso teórico-práctico sobre a nova lexislación administrativa básica

    Cursos / Mércores, 3 de Maio de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta tarde o curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica. Cunha duración de 45 horas, esta actividade que se estenderá ao longo de dous meses servirá para formar a 100 persoas sobre as principais novidades que achegan as leis 39 e 40/2015 e a súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.


    Durante a inauguración do curso, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia da nova normativa para os empregados públicos ao supoñer unha reforma integral da organización e funcionamento das administracións, coa clara intención de lograr un sector público máis áxil, transparente e interconectado.

    Por outra banda, Sonia Rodríguez-Campos lembrou a formación impartida pola Escola sobre esta materia esencial, que comezou xa no 2015 cunha xornada sobre os anteproxectos de lei. Durante 2017 a EGAP reforzou este eido coa programación de máis de 1000 prazas sobre as novas leis á vez que converteu en accesibles os contidos para todos os empregados públicos de Galicia a través do programa de autoformación.

    Finalmente, a directora do organismo definiu o estudo destas leis como imprescindible para os empregados públicos por ter unha repercusión práctica no seu traballo cotiá.

    A continuación, Eduardo Gamero, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Pablo Olavide de Sevilla, impartiu a conferencia inaugural do curso na que introduciu as principais novidades da lexislación administrativa básica e profundou naquelas relativas á administración electrónica.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 581 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212