Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola Galega de Administración Pública forma a persoal técnico no novo marco normativo do urbanismo en Galicia

    A Escola / Luns, 24 de Abril de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia inauguraron esta tarde un curso conxunto coa finalidade de divulgar e formar aos profesionais técnicos nas novidades da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o seu regulamento e o regulamento de actividades económicas e apertura de establecementos.
    A directora da EGAP lembrou que a recente aprobación de normativas que afectan ao eido urbanístico, xunto cos cambios económicos, sociais e ambientais, fan indispensable programar unha formación especializada neste eido


    Esta tarde a sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en Santiago de Compostela, acolleu a inauguración do “Curso sobre o novo marco normativo do urbanismo en Galicia: a Lei 2/2016 do solo de Galicia e o seu regulamento e regulamento de actividades” á que asistiron a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos.

     

    Durante o acto de apertura do curso, Sonia Rodríguez-Campos incidiu no firme obxectivo da EGAP de colaborar con outras entidades para contribuír á análise daquelas materias que precisan dun estudo máis especializado e que teñen un impacto social importante, como é o caso desta actividade conxunta co COAG.

     

    Neste sentido, lembrou que a recente aprobación de normativas que afectan ao eido urbanístico, xunto cos cambios económicos, sociais e ambientais, fan indispensable programar unha formación especializada neste eido que permita aos profesionais enfrontarse aos actuais desafíos na evolución das realidades urbanas e territoriais das nosas vilas.

    Esta actividade permitirá formar durante os próximos dous meses a 40 persoas nas novidades da Lei 2/2016 do solo de Galicia, o seu regulamento e o regulamento de actividades económicas e apertura de establecementos. O curso desenvolverase de xeito simultáneo en cinco localidades galegas.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 580 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212