Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Actividades formativas en materia de atención temperá

    Cursos / Venres, 5 de Maio de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coas consellerías de Política Social, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca tres actividades formativas en materia de atención temperá.


    Destinatarios:

    Persoal empregado público dependente das consellerías de Política Social, Sanidade, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e persoal empregado nos servizos sociais comunitarios, vinculado á atención temperá. De quedaren prazas vacantes, poderán participar outros/as profesionais dependentes das administracións mencionadas que interveñan profesionalmente con menores de 0-6 anos de idade.

    • Profesionais dos equipos de atención temperá dependentes de servizos sociais municipais, da Consellería de Política Social e/ou do Servizo Galego de Saúde.

    • Profesionais do sistema educativo, empregadas/os da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que interveñan directamente con menores de 0-6 anos, en materia de desenvolvemento persoal.

    • Profesionais da rede de escolas infantís públicas de Galicia dependentes das distintas administracións públicas.

    • Profesionais técnicos/as dos servizos sociais comunitarios municipais, preferentemente, profesionais con responsabilidades no programa de intervención familiar municipal.

    Matrícula: desde as 8 horas do 6 de maio ata as 14 horas do 22 de maio en http://egap.xunta.gal/matricula

    Actividades:

    CV17014: Traballar a parentalidade positiva

    CV17012: A/o profesional da atencion temperá: o equipo interprofesional e o traballo en rede

    CV17015: Programa informático de rexistro de información da rede galega de atención temperá
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 584 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212