Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP e a Asociación de funcionarios do corpo superior da Xunta de Galicia colaborarán para afrontar os novos retos da Administración

    A Escola / Mércores, 30 de Agosto de 2017.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente da Asociación de funcionarios do corpo superior da Administración Pública da Xunta de Galicia, Pablo Amenedo, asinaron hoxe en Santiago de Compostela un convenio para colaborar- desde o punto de vista da formación, a investigación e a divulgación- na asunción dos novos retos da Administración, tales como a planificación por obxectivos ou a administración electrónica.


    No documento asinado esta mañá establécense as modalidades de colaboración previstas, que poderán consistir na programación de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación; na edición conxunta de libros, documentos de traballo e outras publicacións e na promoción da actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación.

    A formación a través de convenio
    A EGAP asinou durante 2017 un total de 49 convenios de colaboración con outras entidades, os cales deron lugar á realización dun total de 34 actividades formativas no que vai de ano.

    Así, nos próximos meses están programados cursos sobre aplicacións informáticas, prevención de riscos laborais ou elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas, entre outros.

    A sinatura de convenios permítelle á Escola Galega de Administración Pública xerar sinerxías con outros organismos, tanto públicos como privados, mellorando deste xeito a formación que pode ofrecer aos empregados públicos da Administración galega.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 608 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212