Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso superior de técnico de urbanismo 2017-2018

    Cursos / Martes, 3 de Outubro de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), convoca o Curso superior de urbanismo 2017-2018 co obxectivo de achegar coñecementos teórico-prácticos para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo.


    Persoas destinatarias
    • Persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 e persoal laboral dos grupos I e II das administracións públicas galegas
    • Arquitecto/a colexiado/a no COAG
    • Persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como os profesionais que estean en posesión da titulación de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
    Datas: entre o martes 31 de outubro de 2017 e o xoves 8 de novembro de 2018
    Horario: ordinariamente os xoves das 10 ás 14.15 horas e das 15.45 ás 20 horas. Con carácter excepcional algunhas xornadas terán lugar en mércores (o programa do curso inclúe un calendario).
    Duración: 350 horas, das cales 288 serán presenciais (248 horas troncais + 40 optativas) e 62 de traballo individual
    Prazas: 50
    Inscrición: desde as 8 horas do 4 de outubro en http://www.coag.es/formacion/info.asp?id_curso=565 O persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 e persoal laboral dos grupos I e II das administracións públicas galegas poderá matricularse ata o 18 de outubro, mentres que os demais solicitantes disporán ata as 23 horas do 25 de outubro.

    Máis información no DOG do 3 de outubro ou na web do COAG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 615 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212